Entradas

CINE POLA PAZ

Imagen
Bo día a todas as Clementinas e Clementinos: O pasado 30 de xaneiro, co motivo da conmemoración do día da paz e non violencia, dende o Departamento de Orientación, xunto co Equipo de Biblioca, organizamos unha actividade de visionado de curtas e películas relacionadas coa temática. Logo, cada titoría e profesor/a elaborou un lema sobre a mensaxe transmitida na proxección. Para rematar fixemos unha exposición nos corredores do centro con todos os traballos feitos. Ademais, o alumnado de 4° de Educación Primaria elaborou un mural. Desexamos que vos guste tanto como a nos!

DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: QUERERNOS BEN

Imagen
Bo día a todos e a todas os que formades o CEIP de San Clemente: Hoxe presentamos una nova Produción Clementina "Quererse ben", un videoclip realizado por todo o equipo docente e o alumnado da nosa escola para apoiar a loita contra a lacra da violencia de xénero, tan presente na nosa sociedade. O traballo está realizado sobre unha canción do artista galego Mondra, titulada "Quererse ben" e pon o foco na idea de valorar os afectos e a colaboración con todas as persoas que están presentes na nosa vida e con aquelas coas que temos contacto no día a día. Desta maneira quererse ben a un mesmo e aos demais pode converterse no antídoto para atallar ese veleno que nos mata un pouco cada día. Agardamos que vos guste e animámosvos a querervos ben e a querer ben aos demais. Esperamos que vos guste e que as nosas voces se escoiten moi lonxe!

ALICE GUY. PIONEIRA DO CINE

Imagen
Bo día a todas as familias e nenos e nenas de San Clemente: Volvemos para traervos mais fotos da actividade que elaboramos para festaxar o Día das Bibliotecas, para continuar aprendendo máis sobre Alice Guy.  A nosa homenaxeada, Alice Guy, foi unha muller moi especial porque foi a primeira directora de cine da historia. Naceu en Francia no ano 1873 e, de pequena, gustáballe moito escoitar contos e imaxinar historias. Cando medrou, comezou a traballar nunha empresa de cámaras de cine. Naquel tempo, as películas só mostraban cousas normais, como xente camiñando ou trens en movemento. Pero Alice tivo unha idea xenial: contar historias con actores, coma se fose unha obra de teatro, pero en película! Así, no ano 1896, dirixiu a súa primeira película, chamada A Fada do Repolo , onde aparecían bebés que nacían entre as follas dun repolo, como nos contos. A partir de aí, fixo moitas películas con efectos especiais, comedia e aventuras. Tamén creou o seu propio estudo de cine en Estados Uni...

DÍA DAS BIBLIOTECAS. INICIAMOS O PROXECTO "UN ANO DE PELÍCULA"

Imagen
Para celebrar o Día das Bibliotecas, e para comezar o proxecto de centro deste novo curso, tivemos a grandísima sorte de contar con Raquel Queizás , que nos explicou os inicios do cine da man da grandísima Alice Guy, nai do cine e gran esquecida na historia debido ao único feito de ser muller nun tempo no que non era fácil selo. Os nosos meniños e meniñas pasárono bomba e aprenderon moitisimas cousas novas sobre o proxecto que desenvolveremos, "Un ano de película". Grazas a Raquel e a todo o equipo que o fixo posible! E non vos perdades as novas, que continuamos!!