DÍA DAS BIBLIOTECAS. INICIAMOS O PROXECTO "UN ANO DE PELÍCULA"

Para celebrar o Día das Bibliotecas, e para comezar o proxecto de centro deste novo curso, tivemos a grandísima sorte de contar con Raquel Queizás, que nos explicou os inicios do cine da man da grandísima Alice Guy, nai do cine e gran esquecida na historia debido ao único feito de ser muller nun tempo no que non era fácil selo. Os nosos meniños e meniñas pasárono bomba e aprenderon moitisimas cousas novas sobre o proxecto que desenvolveremos, "Un ano de película".

Grazas a Raquel e a todo o equipo que o fixo posible!

E non vos perdades as novas, que continuamos!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

MULLERES DE CINE

ALICE GUY. PIONEIRA DO CINE

DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: QUERERNOS BEN