Entradas

CINE MUDO : MAXIA NA CIDADE

Imagen
 Os nosos pequenos cineastas brillan no festival! Hoxe foi un día cheo de emoción no festival do cole coa premier da nosa curta de cine mudo : Maxia na cidade, feita polo alumnado de Educación Infantil! Este ano estivemos mergullados no apaixonante proxecto do cinema, explorando a súa historia e a súa maxia. E que mellor xeito de rematalo que cunha creación propia? Os nosos peques puxeron todo o seu talento e ilusión para dar vida a esta obra, demostrando que a creatividade non ten idade. Esta,os inmensamente orgullosos do traballo que fixeron. Foi unha aprendizaxe marabillosa para todos! Agardamos que vos guste tanto como a nós. Luces, cámara e ACCIÓN!

MULLERES DE CINE

Imagen
Boas a todas e a todos: O cine, como arte e medio de comunicación, non só nos ofrece historias emocionantes e divertidas, senón que tamén serve para reflectir a evolución social e cultural ao longo do tempo. Por iso, o grupo de 4º de primaria do noso centro educativo decidiu crear un mural que rendese homenaxe ás mulleres que fixeron historia no cine, tanto detrás das cámaras como diante delas. Qué vos parece? quedou fermosísimo!

8M: AS MULLERES NO CINE E NO TEATRO

Imagen
Boas Clementinas e Clementinos: Esta semana tivemos a actividade polo día da muller traballadora, “Traballamos, conversamos”. Lara Caeiro e Marián Bañobre conversaron co alumnado sobre o seu papel no audiovisual, a importancia de formarse e ser creativas.Tivemos vídeo, música, teatro e clown. Dende o centro queremos agradecer o seu compromiso coa cultura e a arte en galego!

UN ENTROIDO DE PELÍCULA: RUANDO POR CALDAS

Imagen
Boa tarde Clementinos e Clementinas O venres, no desfile do Entroido, gozamos dun día marabilloso, xunto aos demais colexios da contorna. Grazas ao concello pola organización da actividade e polas ricas orellas que puidemos degustar. Aquí vos deixamos un resumo do ben que o pasamos.

UN ENTROIDO DE PELÍCULA: AS MANDAS DO MECO

Imagen
 Boas a todas e a todos! Durante toda este semana tocounos facerlle caso ao Meco (que casualmente se parece moito a un dos nosos profes... jijiji), que nos mandou unha serie de tolerias, moi divertidas, para ir facendo esta semana e festexar o Entroido como se merece, con moita festa, moita leria e moitísima alegría.  Esperamos que o pasedes tan ben coma nos nesta festa tan representativa!

CINE POLA PAZ

Imagen
Bo día a todas as Clementinas e Clementinos: O pasado 30 de xaneiro, co motivo da conmemoración do día da paz e non violencia, dende o Departamento de Orientación, xunto co Equipo de Biblioca, organizamos unha actividade de visionado de curtas e películas relacionadas coa temática. Logo, cada titoría e profesor/a elaborou un lema sobre a mensaxe transmitida na proxección. Para rematar fixemos unha exposición nos corredores do centro con todos os traballos feitos. Ademais, o alumnado de 4° de Educación Primaria elaborou un mural. Desexamos que vos guste tanto como a nos!

DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: QUERERNOS BEN

Imagen
Bo día a todos e a todas os que formades o CEIP de San Clemente: Hoxe presentamos una nova Produción Clementina "Quererse ben", un videoclip realizado por todo o equipo docente e o alumnado da nosa escola para apoiar a loita contra a lacra da violencia de xénero, tan presente na nosa sociedade. O traballo está realizado sobre unha canción do artista galego Mondra, titulada "Quererse ben" e pon o foco na idea de valorar os afectos e a colaboración con todas as persoas que están presentes na nosa vida e con aquelas coas que temos contacto no día a día. Desta maneira quererse ben a un mesmo e aos demais pode converterse no antídoto para atallar ese veleno que nos mata un pouco cada día. Agardamos que vos guste e animámosvos a querervos ben e a querer ben aos demais. Esperamos que vos guste e que as nosas voces se escoiten moi lonxe!