ALICE GUY. PIONEIRA DO CINE
Bo día a todas as familias e nenos e nenas de San Clemente: Volvemos para traervos mais fotos da actividade que elaboramos para festaxar o Día das Bibliotecas, para continuar aprendendo máis sobre Alice Guy. A nosa homenaxeada, Alice Guy, foi unha muller moi especial porque foi a primeira directora de cine da historia. Naceu en Francia no ano 1873 e, de pequena, gustáballe moito escoitar contos e imaxinar historias. Cando medrou, comezou a traballar nunha empresa de cámaras de cine. Naquel tempo, as películas só mostraban cousas normais, como xente camiñando ou trens en movemento. Pero Alice tivo unha idea xenial: contar historias con actores, coma se fose unha obra de teatro, pero en película! Así, no ano 1896, dirixiu a súa primeira película, chamada A Fada do Repolo , onde aparecían bebés que nacían entre as follas dun repolo, como nos contos. A partir de aí, fixo moitas películas con efectos especiais, comedia e aventuras. Tamén creou o seu propio estudo de cine en Estados Uni...