ALICE GUY. PIONEIRA DO CINE
Bo día a todas as familias e nenos e nenas de San Clemente:
Volvemos para traervos mais fotos da actividade que elaboramos para festaxar o Día das Bibliotecas, para continuar aprendendo máis sobre Alice Guy.
A nosa homenaxeada, Alice Guy, foi unha muller moi especial porque foi a primeira directora de cine da historia. Naceu en Francia no ano 1873 e, de pequena, gustáballe moito escoitar contos e imaxinar historias. Cando medrou, comezou a traballar nunha empresa de cámaras de cine. Naquel tempo, as películas só mostraban cousas normais, como xente camiñando ou trens en movemento. Pero Alice tivo unha idea xenial: contar historias con actores, coma se fose unha obra de teatro, pero en película!
Así, no ano 1896, dirixiu a súa primeira película, chamada A Fada do Repolo, onde aparecían bebés que nacían entre as follas dun repolo, como nos contos. A partir de aí, fixo moitas películas con efectos especiais, comedia e aventuras. Tamén creou o seu propio estudo de cine en Estados Unidos, algo moi difícil para unha muller naquela época.
Alice traballou no cine durante moitos anos, pero despois a súa historia quedou esquecida. Por sorte, hoxe sabemos que foi unha pioneira e unha das persoas máis importantes do cine. Grazas a ela, agora podemos gozar de películas cheas de maxia e historias marabillosas!
Aquí tedes as fotos da obra de Raquel Queizás.



Comentarios
Publicar un comentario