DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: QUERERNOS BEN
Bo día a todos e a todas os que formades o CEIP de San Clemente: Hoxe presentamos una nova Produción Clementina "Quererse ben", un videoclip realizado por todo o equipo docente e o alumnado da nosa escola para apoiar a loita contra a lacra da violencia de xénero, tan presente na nosa sociedade. O traballo está realizado sobre unha canción do artista galego Mondra, titulada "Quererse ben" e pon o foco na idea de valorar os afectos e a colaboración con todas as persoas que están presentes na nosa vida e con aquelas coas que temos contacto no día a día. Desta maneira quererse ben a un mesmo e aos demais pode converterse no antídoto para atallar ese veleno que nos mata un pouco cada día. Agardamos que vos guste e animámosvos a querervos ben e a querer ben aos demais. Esperamos que vos guste e que as nosas voces se escoiten moi lonxe!