CINE MUDO : MAXIA NA CIDADE
Os nosos pequenos cineastas brillan no festival!
Hoxe foi un día cheo de emoción no festival do cole coa premier da nosa curta de cine mudo : Maxia na cidade, feita polo alumnado de Educación Infantil!
Este ano estivemos mergullados no apaixonante proxecto do cinema, explorando a súa historia e a súa maxia. E que mellor xeito de rematalo que cunha creación propia? Os nosos peques puxeron todo o seu talento e ilusión para dar vida a esta obra, demostrando que a creatividade non ten idade.
Esta,os inmensamente orgullosos do traballo que fixeron. Foi unha aprendizaxe marabillosa para todos!
Agardamos que vos guste tanto como a nós. Luces, cámara e ACCIÓN!
Comentarios
Publicar un comentario